“Flora é unha actriz que conta os contos de sempre, pero dun
modo moi especial. Hoxe toca “Carapuchiña” o seu conto favorito de cando era
nena!! Pero a cousa complícase: Flora atrásase, o seu reloxo parouse e chega
tarde á función. Por se isto fose pouco Bruno, o técnico desta obra, non
aparece por ningún lado!!!… Pero tranquilos, non vos movades das butacas.
Estade moi atentos porque neste faiado Flora atopará todo o que precisa.
Ademais aínda que ela non o sabe, o conto de hoxe vai ser moi distinto.”